A pasada primavera, no marco dun proxecto Erasmus+, alumnado do Ciclo Medio SMR do IES Chan do Monte estivo facendo as prácticas finais de ciclo (FCT) na organización Camara Education, en Dublín, Irlanda. Camara Education é unha pequena organización caritativa irlandesa que reutiliza a tecnoloxía para mellorar a educación dos estudantes desfavorecidos de todo o mundo.
Nas fotos podemos ver como os nosos alumnos, Inés e Daniel, traballan en tarefas de reutilización e reciclaxe de equipos informáticos.
Leave a Reply