Convócase ao alumnado de 2º curso dos ciclos de grao superior, medio e F.P básica do IES Chan do Monte que estea interesado en facer prácticas no estranxeiro a través do programa Erasmus+ a unha reunión informativa que se celebrará o Xoves 8 de novembro no Salón de actos do instituto. A reunión será ás 10:50h para alumnado de FP Básica e ás 11:40h para Ciclos Medios e Superiores.
Na reunión informarase detalladamente do seguinte:
1) Obxetivos que se perseguen co programa Erasmus+:
- Mellora dos resultados da aprendizaxe
- Aumento da empregabilidade e mellora das perspectivas profesionais
- Aumento do sentido de iniciativa e do espírito de empresa
- Mellora da autocapacitación e da autoestima
- Mellora das competencias en lingua estranxeira
- Maior concienciación intercultural
2) Modalidades de prácticas para alumnado do proxecto Erasmus+:
- Para recén titulados. a partir de xaneiro do 2018.
- Realización da F.C.T. nos períodos correspondentes.
3) Prazas dispoñibles no IES Chan do Monte:
- Posibles países de destino
- Financiación
4) Proceso de solicitude e selección de candidatos.
5) Dúbidas e preguntas.
Leave a Reply