Alumnado de Ciclos Medios Seleccionado

, , Leave a comment

  • Achégase o listado baremado e ordenado dos estudantes de ciclos medios que seguiron o proceso de selección para participar no programa Erasmus+ durante o curso 18-19.
  • Amósase resaltado en verde nas 8 primeiras posicións, o alumnado a quen lle correspondería unha das 8 mobilidades inicialmente reservadas para os ciclos medios.
  • Nos vindeiros días comezará a proposta e asignación de destinos ao alumnado seleccionado. Informarase vía correo electrónico.
  • A realización das prácticas a través do programa Erasmus+ queda supeditada a:
    1. a superación do tódolos módulos formativos no centro educativo ao finalizar o segundo trimestre
    2. a existencia dunha empresa de prácticas axeitada ao perfil profesional do/a estudante.
    3. o cumplimento do resto de trámites necesarios para organizar a mobilidade.
  • O alumnado resaltado en amarelo estará como suplente e será chamado en orde no caso de que finalmente algún alumno/a inicialmente seleccionado/a non poida realizar a mobilidade. Tamén no caso de que se poida ampliar o número de 8 prazas inicialmente asignadas a ciclo medio. De ser o caso informarase vía correo electrónico.
  • Parabéns aos seleccionados e seleccionadas!!

BaremoCM1819

 

Leave a Reply