Jobshadowing en Bélxica

, , Leave a comment

Recentemente profesorado dos departamentos de Administración e Comercio e de Informática do IES Chan do Monte fixeron unha visita conxunta de tipo jobshadowing (ou observación de profesionais) a distintas empresas en Bélxica.

Showroom de equipos de climatización nas instalacións de Jaga
Showroom de equipos de climatización nas instalacións de Jaga

A visita principal desenvolveuse na cidade de Hasselt, nas instalacións de Jaga Belgium, unha empresa líder no sector da climatización e ventilación. Durante dous días asistimos, xunto con outros profesionais do sector procedentes de diferentes partes de España, a unha formación por parte da empresa que incluíu unha revisión dos seus últimos produtos, algúns aínda non lanzados ao mercado, unha visita á fábrica, e outras actividades como un agradable paseo en bicicleta polos arredores da empresa e da vila de Hasselt.

Paseo en bicicleta por los alrededores de Hasselt
Paseo en bicicleta por los alrededores de Hasselt

Ademáis desta formación tamén tivemos ocasión de iniciar contactos cos departamentos de recursos humáns, tanto de Jaga como doutra compañía de climatización, ACV, nos arredores de Bruselas, na procura de novos destinos de prácticas para o alumnado de formación profesional de IES Chan do Monte.

E por último, tamén tivemos tempo de facer algunhas visitas culturais, como por exemplo Bruxas e Gante, cuxos centros históricos están declarados como Patrimonio da Humanidade.

Grote Markt en Bruxas
Grote Markt en Bruxas
 

Leave a Reply