Braga, Esprominho

, , Leave a comment

O centro de formación Esprominho abriunos as súas portas. Unha completa visita polas instalacións descubriunos como se xestiona esta escola que ofrece formación en estética, fisioterapia, perruquería, informática e outras.

Reparamos nos espazos adicados a aulas, ximnasio e zonas comúns. Cunha orde e planificación excelente imparten as diferentes materias, todo cun coidado ao máis mínimo detalle. O comedor funciona cunha tarxeta de alumno que escolle o seu menú semanal nun terminal de acceso e xa se lle pasa directamente á súa conta.

Todas as ideas que poidamos aplicar no noso IES Chan do Monte son benvidas!

 

Leave a Reply