O Porto, Década de Talentos

, , Leave a comment

“O Sr. Rui Sousa é uma pessoa maravilhosa que faz com que nos sintamos como em casa. 38 anos de profissão dão para contar muito e o labor que Década está a realizar com o audiovisual português é incrível. A recuperação da memoria histórica gravada em fitas analógicas que se digitalizam e se enchem de meta-dados namora a quem percebe que estamos a falar de cultura, de futuro e de passado.”

A empresa Década acolle a varios dos nosos alumnos. A actividade é ampla, extensísima máis pola Covid que obriga a reinventarse. Retransmisión de eventos, sonorización, formación, venda de material, recuperación de soportes e dixitalización, técnicos de cine, iluminación, reportaxes e un longo etcétera. Eles participaron en multitude de retransmisións, como esta da RTP que fixo desprazar un amplo equipo a África para, conmemorando o centenario da teoría da relatividade, facer unha proba empírica dende o ecuador da Terra.

https://www.rtp.pt/play/p5896/e409766/operacao-einstein

Nun recente traballo a empresa colaborou na producción da megaproducción indiana WAR (2019) con parte da rodaxe feita na Serra da Estrela, no Algarve, no Porto e en Lisboa.

Alumnado en prácticas neste período abril-xuño 21
Sistemas de dixitalización de contidos

Estudos e tenda na Rúa Sá da Bandeira, en pleno centro do Porto
Interior da tenda, baixo dos estudos e academia

Obrigados a Década por toda a atención prestada. Parabéns!

 

Leave a Reply