Funchal, Decathlon

, , Leave a comment

En Funchal, capital de Madeira, a tenda de deportes Decathlon, acolle con excepcional amabilidade e cortesía a dous alumnos do Ciclo Medio de Actividades Comerciais. O exquisito trato recibido polo alumnado reflíctese nos seus comentarios acerca de como está a resultar a experiencia. “Unha experiencia incrible, digna de recomendar.”

Do mesmo modo, puidemos comprobar in situ o bo facer dos nosos veciños portugueses no que se refire a bo trato e boa educación.

Recibimos unha visita guiada polo interior da tenda de mans do director, o señor Ricardo Martins. Explicándonos que os alumnos pasan por tódalas seccións e, como especialidade, reciben formación na sección de deportes de auga, algo que agradecen especialmente.

Os dous alumnos adaptáronse facilmente á vida na illa e ao seu idioma, que xa teñen interiorizado para entender e falar. Cabe destacar que, estes alumnos, teñen unha vantaxe polo seu idioma natal, xa que en Madeira hai unha considerable cantidade de cidadáns procedentes de Venezuela e que alguén lles entenda o castelán cando buscan un artigo deportivo específico, agradéceno moito, e así no lo fixeron constar.

Funchal é un destino moi recomendable para facer as prácticas de FCT de Actividades Comerciais. Ademais do Decathlon hai varios centros comerciais. Destacan La Vie e Madeira Shopping. Neste último fixemos unha primeira toma de contacto con a Fnac e a Loja do Gato Preto, dúas empresas de recoñecido prestixio e que esperamos den os seus frutos para futuras colaboracións coas prácticas da FCT.

 

Leave a Reply