Continúa a procura de empresas en Lisboa / Amadora para o noso alumnado que vai realizar as prácticas de FCT combinada co Erasmus no período setembro – decembro 2022.
Desta vez temos un número elevado de candidatos/as para a mobilidade. Agardamos que o noso traballo sexa completado por unha experiencia enriquecedora tanto para as empresas titoras como para os nosos/as becados/as.
O problema do encarecemento da vivenda, en parte arrastrada polo turismo de apartamentos privados, fai complicado o acceso a certas zonas. O compromiso entre unha boa estancia a un custo razoable e unhas prácticas nas que completen a formación son os propósitos que perseguimos. Iso fai que teñamos que valorar cidades ou vilas máis pequenas.
Os intermediarios que estamos conseguindo en Portugal fan que, cada ano, sexan mellores as mobilidades e que contemos con mellores empresas. Conseguimos que nos abran a porta a novas posibilidades.
Leave a Reply