Novas mobilidades Erasmus para o alumnado de Informática

, , Leave a comment

Boas novas para o alumnado de Informática do IES Chan do Monte! Temos o pracer de anunciar as recentes mobilidades a Portugal.

Este ano están a desenvolver as súas prácticas xunto á movilidade Erasmus:

  • 3 estudantes en PC Diga (Leiria): Aroa Alvite, Daniel Fernández e Adrián Santos.
  • 2 máis para Nov Serviços Partilhados (Leiria): Álvaro Castro (SMRA) e Esther Rodríguez (ASIR)
  • outros tres alumnos van tamén a Oporto facer un Erasmus Pro (máis de 90 días)

Estas experiencias brindarán ao noso alumnado a oportunidade de desenvolver as súas habilidades profesionais nun contexto internacional, mellorando as súas perspectivas laborais e enriquecendo a súa formación.

Animamos a todos os interesados a participar nestas mobilidades. É unha excelente ocasión para mellorar os vosos coñecementos, practicar un novo idioma e coñecer unha cultura diferente.

Parabéns a todos os participantes e boa sorte nesta nova aventura!

 

Leave a Reply