Job Shadowing “CESP – Centar za poslovne studije”, Bosnia e Herzegovina

, , Leave a comment

Entre os días 31 de marzo e 4 de abril, dous docentes do IES Chan do Monte e outros dous do IES Gregorio Prieto de Valdepeñas participaron nun encontro na Universidade CESP, situada en Kiseljak (Bosnia e Herzegovina).

Durante a estancia, destacamos a visita á fábrica EPS Lastro, especializada na fabricación de paneis de polietileno para o illamento de fachadas. Tamén se levaron a cabo interesantes intercambios de experiencias entre os centros participantes no eido do programa Erasmus+, así como en temas como a sustentabilidade, o aforro enerxético e o uso de enerxías renovables.

Este encontro permitiu establecer as bases para futuras colaboracións nestes ámbitos.

Desde a dirección do IES Chan do Monte queremos expresar o noso agradecemento ao equipo de internacionalización do “CESP – Centar za poslovne studije” pola súa hospitalidade e boa acollida.

 

Leave a Reply