¡O IES Chan do Monte xa conquista Roma! Comeza a nosa aventura Erasmus+
Onte, xoves 12 de marzo, o noso alumnado de 4º de ESO iniciou unha das experiencias máis agardadas do curso: a viaxe a Italia. Cargados de ilusión (e algunha que outra maleta de 20kg), o grupo partiu dende o Aeroporto de Vigo para dar comezo ao proxecto Erasmus+ ESO4 – CURSO 25/26.
Primeira parada: Vigo – Madrid – Roma
A xornada empezou cedo no punto de encontro da terminal de Peinador. Tras os trámites de facturación e algún que outro adeus emocionado, o grupo (acompañado polos docentes Marcos Fernández, Miguel A. Pousada e Rebeca Lemat) puxo rumbo a Italia facendo escala en Madrid.
Os sorrisos na foto do aeroporto din que o peso da mochila non era un problema.

Pero hoxe xa é venres e, xa estamos na Cidade Eterna!
Nada máis aterrar e instalarnos no noso hotel na zona de Termini, non perdemos nin un segundo. Como podedes ver na foto, o grupo xa tivo o seu primeiro encontro coa historia fronte ao maxestoso Coliseo.

Durante estas primeiras tres noites en Roma, dedicaremos o tempo a descubrir os segredos da capital italiana antes de partir cara ao noso seguinte destino.
Próxima parada: Pescara
O domingo 15, deixaremos atrás Roma para viaxar en bus ata Pescara. Alí espéranos unha semana intensa de:
Traballo colaborativo: Actividades formativas na escola receptora en horario de mañá.
Convivencia: Aloxamento en apartamentos turísticos e visitas pola tarde para coñecer a vila.
Cultura: Unha inmersión total financiada polo proxecto ERASMUS+ SCHOLAR.
Estamos desexando contarvos máis sobre esta experiencia única de aprendizaxe e convivencia. ¡Seguiremos informando!
Leave a Reply