No IES Chan do Monte de Marín recibimos a visita de profesorado procedente de Itsemporium del Golfo. Foi unha xornada moi enriquecedora na que puidemos compartir experiencias e coñecer de primeira man o traballo que desenvolven nos seus centros educativos.
Durante o encontro falamos sobre distintas áreas de formación e colaboración, con especial atención aos ámbitos agropecuario, tecnolóxico e turístico. Estas temáticas xeraron un interesante intercambio de ideas, boas prácticas e posibles vías de cooperación futura no marco do programa Erasmus+.

A visita permitiunos seguir fortalecendo os lazos con outros centros europeos e reafirmar o noso compromiso cunha educación aberta, innovadora e conectada coa realidade profesional e internacional do alumnado.
Agradecemos a visita e o interese amosado, e agardamos poder seguir compartindo novos proxectos e aprendizaxes comúns.
Leave a Reply