Arraiolos 3

No terceiro día tiñamos o compromiso de asistir á unha actividade do teatro da vila na que se expoñían traballos do alumnado da escola e, como non, o diario que o alumnado creou na súa visita a Marín e a outras vilas de nosa xeografía.

Poiden comprobar como está de entrelazada a comunidade educativa con toda s xente da vila, artesáns, tendas e o resto do tecido social.

O xantar conxunto para preparar a despedida e probar os produtos locais fixo parte desta aproveitada visita. A gastronomía é bastante diferente nesta parte do Alentejo. Açordas de peixe, cazón moitas veces, migas e incluso moitos doces teñen o pan alentexano como base.

Nada menos que bom: esta frase do noso compañeiro Rui Rebocho do agrupamento escolar de Arraiolos resume o encontro que tivemos nesta terra. Creo que non fai falla estreitar os lazos cos nosos veciños porque xa son estreitos desde sempre, só cómpre traballarmos xuntos para alargar a idea que temos da nosa casa. Obrigado Rui, obrigado Arraiolos por me ter acollido desta maneira.

Deixa un comentario