FCT em Braga

, , Leave a comment

Para explorar outras posibilidades de cara ó futuro estamos a traballar en estreitar ao máximo as colaboracións con diferentes intermediarios. A experiencia acumulada debe proporcionarnos mellores contactos, mellores empresas e máis casos de éxito.

Braga é unha das nosas vilas favoritas. E por varias razóns: ten un tamaño adecuado para moverse fácil (perto dos 200.000 habitantes, un pouco máis pequena que Vigo ou Coruña), cunha boa oferta cultural, próxima a Galicia e Porto, unha língua que non é allea e nun país rico en moitos aspectos e cun nivel de vida asequible para o noso alumnado. En realidade a 3ª cidade portuguesa, motor da zona norte, ten moitas posibilidades de traballo en todos os sectores e empresas moi serias no da informática.

O persoal de Braga Mobility, con gran amabilidade, explicounos os pormenores dos distintos procesos de admisión, entrega de CV, formación, visitas culturais, aloxamento, manutención, estadías en empresas e todos aqueles aspectos que queríamos concretar. Unha reunión moi interesante intercambiando puntos de vista.

Oficinas de Braga Mobility

Entre os destinos finais para o futuro alumnado con base informática en reparación e administración de sistemas e redes barallamos varias alternativas, propostas polos nosos ‘parceiros’.

 

Leave a Reply