Erasmus+ en Polonia

, , Leave a comment

Durante os meses de abril, maio e xuño deste ano, dous alumnos do ciclo superior ASIR están a realizar as prácticas (FCT) en Polonia a través do programa Erasmus+. Concretamente desenvolven a súa actividade en Varsovia, a capital do país, nun centro educativo trilingüe con varias sedes ao longo da cidade, analizando a infraestrutura tecnolóxica do mesmo e elaborando un proxecto de propostas de mellora no que aplicar os coñecementos adquiridos durante os módulos cursados no IES Chan do Monte.

Centro histórico de Varsovia
Centro histórico de Varsovia

Tamén nestes días, dous profesores de informática do instituto están de visita no país, visitando as instalacións da mesma escola trilingüe, entrevistándose cos seus responsables e aproveitando a ocasión para facer un seguemento in situ do desenvolvemento das prácticas do alumnado.

Centro histórico de Varsovia y centro financiero al fondo
Centro histórico de Varsovia y centro financiero al fondo
 

Leave a Reply